Cruceiro Nº 1 do Cemiterio de Adina

Cruceiro Nº 1 do Cemiterio de Adina - Padrón - Santa María de Iria Flavia

Imaxe: Xosé Troiano

Cruceiro, localizado no Cemiterio de Adina, de tipo de crucifixo con plataforma cuadrangular de catro chanzos e pedestal cuadrangular chafranado. Ten un varal octogonal cun pedestal cuadrangular e recadrado. O capitel é cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. O ábaco ten lados curvos e vértices chafranados. Ademais ten volutas, orlas vexetais e querubíns. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza está suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz está a Virxe Dolorosa, coas mans en cruz sobre o peito e cunha espada cravada. A virxe queda sobre unha peaña dun querubín.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-ER010
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: Santa María de Iria Flavia
  • Lugar: Iria Flavia
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

    Mundo Diario

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro do Rueiro

Cruceiro Nº 1 do Cemiterio de Adina

Cruceiro Nº 2 da Igrexa de Santa María de Cruces

Cruz da Porta dos Mariños