Castelo Redondo

Castelo Redondo - Padrón - San Pedro de Carcacía

Imaxe: manuelgago.org

Restos dun castelo medieval situado no alto dun outeiro no Monte Meda, a 435 metros de altitude. As súas reducidas dimensións fan pensar que se tratase dunha atalaia de vixilancia das rutas terrestres e fluviais. O factor máis relevante do seu emprazamento é o gran dominio visual que exerce a media e longa distancia, o que o convirte nun punto estratéxico de primeira orde.

Consérvanse muros de cachotaría lonxitudinais na parte sur e norte do promontorio. O muro norte que descende desde o cumio á ladeira conserva uns 30 metros e o lenzo sur apenas uns 15 metros. Ambos apóianse directamente nos grandes penedos graníticos moi alterados pola actividade extractora do antigos arguinas.

Na zona central e máis elevada do cumio divísase tamén unha cruz de termo moi erosionada e na aba existe tamén unha inscrición. Os planos do Lidar e as fotografías aéreas amosan os restos dun recinto ovalado rodeando o cumio do promontorio duns 90x60 metros, segundo sinalan os investigadores C. Sánchez Pardo e Carlos J. Galbán (autores de varios artigos e publicacións sobre os castelos altomedievais das terras de Compostela). Tampouco podemos desbotar a posible existencia no medievo dun sistema defensivo que incluía os outeiros próximos, con nomes tan significativos como o Castelo do Medio e o Castelo de Roque.

Aos seus pés do Castelo Redondo hai mámoas. Está a tella. E no castelo está a Cova dos Mouros, por onde entran estes seres míticos. Unha pista arrasou parte do perímetro que o rodea, e unha singular mámoa que existía xusto aos pés do castelo, nun pequeno chan na súa base. Alí a tella e os anacos de cerámica están por todas partes. O Castelo Redondo parece seguir o mesmo patrón que a Casa das Meigas, controlando o camiño que leva da ría até Iria Flavia.

  • INFORMACIÓN
  • Código: PA-AQ006
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Alta Idade Media
  • Concello: Padrón
  • Parroquia: San Pedro de Carcacía
  • Lugar: Monte Meda
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Ten afectada a banda leste pola extracción de pedra dos batolitos do outeiro no que se asenta.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Padrón (GA15065006)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Pablen Compostela Teo

    Capítulo Cero

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


O Castelo

Campo da Barca

Petróglifo Nº 1 do Porteliño

Castro Valente