Reloxo de sol Nº 2 de Teaio

Reloxo de sol Nº 2 de Teaio - Dodro - San Xoán de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

O hórreo localízase na zona de Quinteiro de Abaixo, ao lado dunha pista polideportiva. Situado na cara sur dun hórreo de Teaio, coñecido como de Carcacío.

O reloxo, de esfera cadrada, é unha pedra de granito rectangular exenta, con remate na parte superior piramidal escalonado con estrías, e asentando sobre unha base de granito rectangular a xeito de remate sur. Debido a que a pedra está cuberta de fungos, non se ven nin as liñas horarias nin o gnomon, que non debe conservalo. Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, mide 40 centímetros de alto e 30 de ancho. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, no frontispicio do hórreo é visible a data de 1869.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC038
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: 1869
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Teaio
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, non conservando o gnomon, ou polo menos non visible, e coas liñas horarias imperceptibles ao estar a pedra gastada e cuberta de fungos. Sería preciso limpar a pedra.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Reloxo de sol da Igrexa de San Xián de Laíño

Pombal Nº 2 de Teaio

Pombal do Outeiriño

Pombal de Fino