Reloxo de sol de Reboiras

Reloxo de sol de Reboiras - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado no pinche traseiro dun hórreo de Reboiras, o cal se ergue no lugar coñecido como O Outeiro, na entrada sur do núcleo, ao pé dunha pista asfaltada.

Exemplar de reloxo de sol construído nun fermoso hórreo que, ademais, ten decoración insculpida nos dous pinches. Reloxo de granito exento e de forma cuadrangular con remate na parte superior semicircular alongado moi marcado. Recorrendo todo o seu perímetro exterior é visible unha liña insculpida decorativa. Non conserva o gnomon apenas, o cal sería unha barra ríxida, mais aínda son visibles as liñas horarias, aínda que algo gastadas. Reloxo de sol vertical ortomeridiano. Orientado ao sur.

En 2010, di unha das súas propietarias que o hórreo é moi antigo, máis de cen anos. Único exemplar na aldea de Reboiras.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-OC030
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Obra civil
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar:
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, o gnomon está partido e o granito ten certo desgaste que fai que as liñas horarias estean menos marcadas.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010

    Reloxos de sol de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Pombal Nº 1 de Teaio

Reloxo de sol Nº 3 de Rial da Lagoa

Pombal de Castro

Reloxo de sol Nº 2 de Bustelo