Hórreo de Vigo

Hórreo de Vigo - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Atopase na finca contigua a outro hórreo de Vigo, ao nordeste deste, a escasos metros. No propio núcleo, na parte traseira da casa á que pertence, correspondente ao nº 18.

Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito duns 30/40 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. O gabinete máis setentrional está pechado con madeira, ladrillo e malla metálica, cunha porta no lateral oeste; úsase como galiñeiro. O tornarratos é unha peza corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, cunha porta de madeira no lateral oeste. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal da fronte de pedra, non conservando a porta de madeira (actualmente pechado con malla metálica). Penal traseiro de pedra e madeira, con dúas cintas. Os pinches son de madeira. Cubrición de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, o propietario non puido concretar a cronoloxía do hórreo, pero sempre lle acorda aí, debe ter máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO060
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Vigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, a madeira e a cubrición están en mal estado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 69)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Tarrío

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Bustelo