Hórreo de Tarrío

Hórreo de Tarrío - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Situado na mesma finca que outro hórreo, no núcleo da aldea.

Exemplar de gran tamaño de hórreo mixto. A cimentación é unha repisa alta de perpiaños encintada con cemento, de algo máis de 1 metro de altura. Non ten soportes, asentando o tornarratos directamente nela. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten catro claros con balaústres de madeira e dúas cintas, a madeira en mal estado, con dúas portas de madeira, unha en cada lateral, no segundo claro empezando polo norte. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, un, o oriental, con oito fendas de ventilación horizontais e o occidental sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición de tella do país, en mal estado. Remates: dous pináculos piramidais estilizados sobre unha base cuadrangular. Orientado ao E-W.

No 2010, unha veciña di que debía ser antigo, de máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO024
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    En bo estado de conservación.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 161)

    Sendeiros de Dodro

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Revixós

Hórreo de Castro