Hórreo de Castro
Imaxe: Beatriz Pereiras
Localizado no centro da aldea, fronte ao lavadoiro, nunha pequena parcela aberta e totalmente abandonada e cuberta de vexetación.
A cimentación non se ve ao estar cuberto de vexetación, mais debe ter unha repisa a xulgar pola altura que ten o hórreo. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, apenas con algún resto dos balaústres de madeira. Non ten linteis nin conserva a cornixa, que debeu ser de madeira. Columnas de pedra. Penal dianteiro de pedra cos restos da porta de madeira, co van alintelado. O penal traseiro non se ve ao estar acaroado pola parte de atrás un galpón de cemento. Vense os restos da armazón de madeira para a suxeición da cubrición, sendo visible un arco en madeira sobre as columnas. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. No pinche da fronte é visible unha cruz latina con base triangular, a modo de cruceiro, pintada de vermello. Apenas conserva algún resto da cubrición, de tella do país. Non conserva os remates. Orientado ao NE.
No 2010, segundo os veciños sería antigo, máis de setenta anos seguro, mais non souberon concretar máis.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO046
- Outras denominacións: Hórreo do da Fonte
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xoán de Laíño
- Lugar: Castro
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Moi mala, en estado ruinoso e en absoluto abandono, apenas conservando a madeira e menos a cubrición de tella. Cuberto pola vexetación. Sen remates.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 219)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.719722728032 , -8.7207691400975
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.