Hórreo de Rial da Lagoa
Imaxe: Beatriz Pereiras
Situado na finca traseira da vivenda á que pertence, o nº 1 do núcleo, á entrada da aldea.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, de 1 metro de altura aproximadamente. Os soportes son catro cepas de pedra, encintadas tamén con cemento. Os gabinetes están pechados con ladrillos e con mallas metálicas, empregados a xeito de almacéns. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral leste enmarcada por dúas columnas de pedra. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira; e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita e por riba tellas do país, asentando a primeira sobre unha camada de cemento sobre a cornixa. Remates: cruz latina alta cos ángulos en chafrán, sobre base en escocia moldurada.; e pináculo en forma de anforeta con arestas e rematada en argola e bóla. Orientado ao NW.
No 2010, di o fillo do propietario que debe ser dos primeiros anos do século XX. Orixinariamente estaba situado no centro da aldea, no interior da propiedade da casa número 28, propiedade desta mesma familia. Tiña outro claro, o cal facía un lixeiro ángulo con respecto ao resto do hórreo, mais ao trasladalo de lugar non o reconstruíron.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO097
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: Rial da Lagoa
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Regular. A madeira e a cubrición foron renovadas polos propietarios. Introduce materiais de construción modernos, como o cemento, o ladrillo e a malla metálica. Faltaríalle un claro, o cal non foi montado cando se trasladou o hórreo de sitio.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 132)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.720290527855 , -8.7158617775048
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.