Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

Xunto á rúa Campo da Escola. Nun patio pechado.

Cimentado sobre unha repisa de cachotaría de granito de 1,10 metros de altura. Os soportes son, nos dous extremos, cepas de pedra, e no medio, pés en forma de columnas de sección cuadrangular cos ángulos en chafrán, pechadas entre si con ladrillo. O tornarratos é unha pedra transversal sobre cada cepa e sobre as dúas columnas do medio. O gabinete oeste está pechado con ladrillo, facendo dous cubículos para gardar apeiros de labranza. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. O penal frontal é de pedra e con porta de madeira, ten a uns 50 centímetros de distancia unhas escadas de pedra con seis grades e orientadas perpendicularmente ao hórreo. O espazo entre o hórreo e as escadas está pechado cun muriño e unha plataforma de ladrillo. O pinche deste penal é de cemento. O penal traseiro é de pedra e presenta tres fendas de ventilación circulares de moi bela factura e seis fendas horizontais. Ten sobrepenas nos dous  pinches, o traseiro de pedra. Cubrición de tella do país. Dos remates só conserva o pináculo, de moi bela factura, moldurado e rematado en bola. Ao norte ten acaroado un galpón de ladrillo. Orientado ao NE.

No 2010, di a propietaria que sería moi antigo, aínda que non puido especificar canto. Dataría de principios do século XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO148
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Bastante mala, con partes en ladrillo, a madeira en mal estado e cunha construción moderna de ladrillo acaroada ao norte.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 33)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Pexegueiro

Hórreo de Imo

Hórreo de Tallós

Hórreo de Bustelo