Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, moi próximo do lavadoiro e ao oeste da casa á que pertence, o nº 65.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, con molduras semicirculares na parte superior. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral leste. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra sen ventilación. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella do país. Remates: cruz latina alta florenzada con botón central e ángulos en chafrán, con molduras en forma de pequenas boliñas por toda a cruz, sobre base cuadrangular; e pináculo piramidal rematado en bola ovoide, sobre base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, os veciños din que se trata dun hórreo moi antigo. Por tipoloxía debe ter máis de cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO194
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, sendo preciso renovar a madeira e a cubrición. Tamén sería preciso limpar a pedra. O entorno está moi abandonado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 104)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Sar