Hórreo de Castro

Hórreo de Castro - Dodro - San Xoán de Laíño

Situado na finca da Casa da Bexa, na parte alta da aldea.

Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, parece tratarse dun hórreo de pedra, sobre repisa de cachotaría de lousas de pedra granítica, de tres claros e cos balaústres de granito horizontal.

Sería, segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, da década de 1920. Entre 1910 e 1930 fabrícase en Laíño este tipo de hórreo, procedente na súa maioría da Escola de Canteiros de Manuel Blanco de Buía (O Araño, Rianxo).

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO051
  • Outras denominacións: Hórreo da Bexa
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: Século XX
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xoán de Laíño
  • Lugar: Castro
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    En 1992, data da realización da ficha do Inventario de Patrimonio deste hórreo, estaba practicamente perdido, rodeado de profusa vexetación e en estado ruinoso por abandono.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 222)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Manselle

Hórreo de Revixós

Hórreo de Vigo