Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado na Aldea de Riba, nun alto, ao pé dunha pista.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito encintada con cemento, duns 2 metros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra, coa pedra superior máis ancha, de forma troncopiramidal cos extremos redondeados, a xeito de moldura. Os gabinetes están pechados con ladrillo e cemento. A porta de acceso estaría no lateral leste. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten dous claros pechados con ladrillo. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Os dous penais son de pedra, encintado con cemento o do norte, sen ventilación. No penal sur é visible unha data inscrita: 1811. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita. Remates: cruz latina baixa de sección cuadrangular, moi gastada; e pináculo piramidal moi ancho e baixo, sobre base cuadrangular. Orientado ao N-S.

No penal sur é visible unha data inscrita, suponse que é a de fabricación: 1811.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO193
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1811
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, non conservando a madeira, sendo substituída por ladrillos. Así mesmo, a cubrición de tella desapareceu, sendo actualmente de uralita. Introduce tamén ladrillos e cemento nos gabinetes. Sería preciso limpar a pedra.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 102)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Imo

Hórreo de Sar

Hórreo de Bexo

Hórreo de Bustelo