Pía bautismal da Igrexa de Santa María de Dodro

Pía bautismal da Igrexa de Santa María de Dodro - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Concellería de Cultura e Patrimonio | Concello de Dodro

Pía bautismal do século XVIII onde  foron bautizados o 20 de xullo de 1871 Ovidio e Gala (Ovidio Emmanuel e Gala Blanca Eleonora) Murguía Castro, os fillos xemelgos de Rosalía de Castro e Manuel Murguía, nados nas Torres de Hermida en Lestrobe, o día 2 do mesmo mes.

Colocada inicialmente á beira esquerda da porta principal, estivo abandonada no adro. A igrexa parroquial de Santa María de Dodro recuperouna para o lugar actual grazas á iniciativa do cura párroco, Francisco Lampón.

As partidas de bautismo de Ovidio e Gala foron comentadas por Bouza Brey nos seus estudos biográficos. Ambas están estendidas polo cura ecónomo da parroquia, don Francisco de Pazos e de ambos foron padriños Ramón Campio Hermida, curmán de Rosalía, e Alejandra, a filla maior desta.

Ovidio, pintor destacado da “Xeración doente”, morreu na Coruña o primeiro de xaneiro de 1900. Gala, depositaria da memoria familiar, morreu tamén na Coruña o 18 de xaneiro de 1964.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER035
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XVIII
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (AR-04)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    La Voz de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Tarrío

Cruceiro de Trasdopazo

Cruceiro de Bustelo

Cruceiro das Escuras