Castelo do Monte Vilar

Castelo do Monte Vilar - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Elixio Vieites

Asentamento romano-medieval. Probablemente se trate dun castro refortificado na Idade Media. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica de feitura manual. Ten unhas dimensións de 150 metros de norte a sur, e 100 metros de leste a oeste.

Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar que habería uns muros, mais o seu estado xeral é bastante malo para poder confirmalo. Sobresaen uns penedos no cume que parecen que foron traballadas para asentar lenzos de muros ou estruturas de madeira. Tamén se aprecia unha pequena terraza bastante chan que está cinguido por un parapeto moi esborrallado, mais apreciable nas imaxes LIDAR. Este recinto cinguiría dous curutos rochosos naturais, froito do afloramento das penedías sobre o cume do monte.

Situado a case 200 metros de altitude, ten unha inmellorable visión sobre a bacía do río Ulla e as terras da súa contorna. Tamén se observa o Monte da Muralla, lugar onde se atopaba outra pequena fortaleza ou atalaia.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AQ009
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Época romana-Altomedieval
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Monte de San Gregorio
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Moi alterado. As labores de plantación no monte achéganse moito ao seu carón, destruíndose as poucas pedras caídas que quedan ao seu redor.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033009)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Xacemento da Veiga de Abaixo

Petróglifo de Bouza Badín

Castelo do Monte Vilar

Pedra de Abanear de Imo