Castro de Traxeito

Castro de Traxeito - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Refoxeiro

Castro de forma alongada, cun lixeiro estrangulamento na coroa, na que se observan dúas elevación de norte a sur. A croa circular está rodeada por unha serie de terrazas, das que se conservan catro. Presenta afloramentos no centro e parapeto formado por grandes pedras, aínda visibles. Posible foxo cara ao norte, hoxe desaparecido, mais conservando algún muro de pedra. Os foxos foron cegados.

En prospeccións realizadas, localizouse cerámica castrexa e tégula galaico-romana nas fincas da contorna. A coroa ten unhas dimensión de 74 metros de norte a sur, e 59 metros de leste a oeste.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AQ006
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade do Ferro-Época romana
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Monte Meismadela
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033006)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Sendeiros de Dodro

    Patrimonio Galego

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Mámoa Nº 1 de Paradegua

Petróglifo de Bouza Badín

Castro de Lestrobe

Castelo do Pico do Porto