Gran Pedra Redonda

Gran Pedra Redonda - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

A Gran Pedra Redonda, Castro de Casais ou Pedraredonda, de proporcións colosais e con forma oval, conta a lenda que foi levada para ese sitio por un xigante. Nas inmediacións atopouse unha cabeza de pedra labrada de forma sutil, de cronoloxía indeterminada, e que se conserva no Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña do Castelo de San Antón. Ten na súa superficie covas ou cazoletas formadas pola erosión da auga, mais que a tradición atribúe ás pegadas do Apóstolo Santiago.

No libro “Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga” de Manuel Lorenzo Baleirón, sobre a Gran Pedra Redonda, escríbese o seguinte: “Dinnos que o lugar no que se atopa chámase A Alla, supoñemos que pola abundancia de allos bravos (Allium sp.). Gonzalo Navaza, na Fitotoponimia comenta esa posibilidade para topónimos semellantes. Ovo abisal froito do parto dos montes, A Pedra Redonda que está arriba de Vigo, no camiño que vai á Mina, é un outeiro ciclópeo, un petón xigantesco puido cara o nacente coma unha esfera celeste. Poñémola á parte porque o merece. Nas proximidades dela atopouse unha cabeza toscamente labrada nun bloque granítico que se conserva no Museo Arqueolóxico de A Coruña, probablemente do período castrexo. A Pedra Redonda ten na súa superficie, coma os penedos do Santiaguiño do Monte e coma moitos outros, covas ou cazoletas formadas pola erosión das augas, que a tradición popular quere que sexan as pegadas do cabalo do Apóstolo e noutros lugares de Galicia as marcas que deixou a burra da Sagrada Familia na fuxida a Exipto. O que está claro para as nosas xentes é que as pedras colosais que polos montes paran só puideron quedar varadas neles despois da chuvieira bíblica do Diluvio Universal. Terra de xigantes. Ó pé da Pedra Redonda os xeólogos non dubidan".

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Imo

Mámoa do Monte Picoto

Pedra Ventureira

Camiño Real de Dodro