Mámoa Nº 2 da Mina de Balouta

Mámoa Nº 2 da Mina de Balouta - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Refoxeiro

Túmulo megalítico, sen cámara e coiraza de granito, na chaira dunha divisoria. Ten unhas dimensións de 18 metros de norte a sur, 20 metros de diámetro de leste a oeste, e 1,5 metros de altura. O cráter de violación ten 4,50 metros de diámetro e 20 centímetros de fondo. Está situada preto da Mámoa Nº 1 da Mina de Balouta.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-AQ022
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Neolítico
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Ladride
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A mámoa está pouco alterada, aínda que a contorna está repoboada con piñeiros.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (GA15033022)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Sendeiros de Dodro

    Patrimonio Galego

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro, aprobado o 27 de decembro de 2010

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Castro de Imo

Mámoa da Chisca

Camiño Real de Dodro

Petróglifo da Devesa dos Mouchos