Busca
Situado na ribeira do río Valga, xunto ao Lavadoiro da Torre. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotería granítica, coas xuntas unidas con cemento. Presenta tellado a dúas augas, coa cuberta en tella do país.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga
Tamén se lle coñece coa denominación de Fonte Serantes, a pía está formada por material cerámico revestido con morteiro de cemento, semisoterrada con respecto ao nivel do solo. Piares de suxeición e cuberta en formigón, acabada en tella do país.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte acaroada a un muro de pedra no lugar de Magariños.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Singular fonte no lugar de Carracido, construída con bloques de formigón e tres canos metálicos.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Muíño que é fornecido pola auga dun regato que vai paralelo ao río Louro desde unha pequena presa á altura da ponte da estrada que vai de Cesures a Vilagarcía de Arousa, á altura do Forno.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Nas barreiras das Gándaras Campaña extraeuse barro desde que existe constancia documental, ao redor do ano 1750. Nun principio non foi unha barreira única, senón que eran unha serie de barreiras próximas ás diferentes barreiras que había no lugar. O barro non era de grande calidade, senón rico en xisto e con pouca liga. Coa instalación da …
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura industrial