Cruceiro da Ermida da Virxe da Saúde

Cruceiro da Ermida da Virxe da Saúde - Valga - San Salvador de Setecoros

Imaxe: Concello de Valga

Baseamento de planta rectangular composto por dous chanzos, ao carón da Ermida da Virxe da Saúde. O pedestal cúbico contén un oco de planta cuadrangular para un peto de ánimas, do cal unicamente se conserva o retablo integrado no fuste. O varal, estruturado en dous módulos, ten planta cuadrangular na base e desenrolo oitavado mediante o rebaixe das arestas laterais. Na base atopamos polo anverso o retablo de ánimas rectangular. Capitel sinxelo de tipo xeométrico, con feitío troncopiramidal invertido e rematado nun amplo bloque cúbico, moi achatado. A cruz é latina sen figuracións.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER020
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: Século XIX
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Salvador de Setecoros
  • Lugar: Casal do Eirigo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala integración na contorna.

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-309)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Patrimonio Galego

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz das Cernadas

Cruceiro da Tarroeira

Cruz de Magariños

Cruceiro Nº 2 de Vilarello