Cruz do Verde

Cruz do Verde - Valga - San Miguel de Valga

Imaxe: Elixio Vieites

Cruz latina de cantería dunha soa peza e sen baseamento, sobre pedestal feito cun bloque de pedra irregular. A sección é cuadrangular no arranque e posterior desenrolo oitavado por rebaixe das arestas laterais. Os extremos dos brazos rematan cuarteados. Formaba parte dun camiño sacramental montesío que atravesaba os núcleos de Martores, Vilares e Laceiras. Hoxe en día só se conserva esta e a Cruz das Laceiras.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-ER038
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Laceiras
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-419)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

    Patrimonio Galego

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruz do Verde

Cruceiro de Balleas

Cruz do Souto

Cruceiro de Cimadevila