Mosteiro de San Paio

Mosteiro de San Paio - Valga - San Miguel de Valga

Na a elaboración do catálogo do PXOM do Concello de Valga, localizouse o topónimo, detectado durante a revisión das listaxes catastrais actuais, correspondendo a unha serie de fincas emprazadas na ladeira suroccidental do Monte Ouroso. En concreto localízanse varias denominacións asociadas, dentro do polígono 24, cos nomes de Sanpayo (65 parcelas), San Paio da Granxa (11 parcelas) e Arriba de San Paio (6 fincas).

Unha vez corroborada a situación concreta por medio dos veciños, as enquisas orais realizadas, aportaron algunhas referencias. Un veciño da zona mencionaba a existencia, en tempos antigos, dun mosteiro neste punto, que asociaba ao cenobio de Armenteira, segundo afirmaba que contaban os seus maiores. Igualmente afirmaba que na zona de fincas coñecida como San Paio, tiña visto de mozo, gran cantidade de pedras labradas espalladas por toda a zona. Recoñece o mesmo informante que a maior parte desas pedras foron desaparecendo, reutilizadas polos veciños noutras construcións.

  • INFORMACIÓN
  • Código: VA-AQ020
  • Outras denominacións: San Paio da Granxa
  • Tipoloxía: Arqueoloxía
  • Cronoloxía: Idade Media
  • Concello: Valga
  • Parroquia: San Miguel de Valga
  • Lugar: Martores
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    A maior parte da zona delimitada atópase en estado de abandono, moi parcelada e con importantes remodelacións nalgunhas das fincas, que foron adaptadas recentemente como parcelas de viñedo e cultivos.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-19: GA36056-REF005)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Xacemento romano do Gandarón

A Veiga

Mosteiro de San Paio

Castro de Vilar