Túmulo Nº 1 da Pedra do Viño
Imaxe: Oscar Franco
O túmulo, alterado polas actividades forestais, presenta un pequeno afundimento na parte central, que podería corresponder a un buraco de violación colmatado. Por toda a súa superficie poden observarse pedras de seixo branco, de tamaño medio, e que poderían formar parte da coiraza pétrea.
- INFORMACIÓN
- Código: VA-AQ021
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Arqueoloxía
- Cronoloxía: Neolítico-Idade do Bronce
- Concello: Valga
- Parroquia: San Miguel de Valga
- Lugar: Martores
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
O elemento atópase lixeiramente alterado na súa forma (algo alongado e rebaixado), debido á que se sitúa nunha zona dedicada á repoboación de piñeiros. A pista que conduce a Martores discorre a uns 20 metros ao norte do túmulo.
- Protección:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga (AR-20: GA36056013)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
- Referencias:
PXOM de Ordenación Municipal do Concello de Valga, aprobado o 15 de outubro do 2010 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.690336674 , -8.6027192309
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.