Cruceiro de Gómez

Cruceiro de Gómez - Rianxo - Santa María de Isorna

Imaxe: Xenealoxías do Barbanza

Cruceiro de granito situado no cruce de camiños por fóra do peche da Casa da República, no acceso leste do lugar de Sestelo. Plataforma de dous chanzos e base prismática con relevos xeométricos nas catro caras. Fuste octogonal con sección cadrada no contacto coa base, e capitel troncopiramidal inverso decorado con volutas e rostros de querubíns. Cruz latina de sección circular e aspecto leñoso, cun Cristo no anverso e unha Virxe no reverso.

  • INFORMACIÓN
  • Código: RI-ER050
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Rianxo
  • Parroquia: Santa María de Isorna
  • Lugar: Sestelo
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo (C-050)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Rianxo - Aprobación inicial de maio 2014

    Cruceiros de Galicia

    Xenealoxías do Barbanza

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro das Brañas

Cruceiro da Fonte

Cruceiro do Monte Pinal

Cruceiro do Campo de Pazos