Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Localizado na Aldea de Abaixo, no peche dun patio privado pechado.

A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito de 1 metro de altura máxima, aproximadamente. Presenta unhas escaleiras de pedra na fronte, perpendiculares ao hórreo, con tres grades. Os soportes son catro cepas de pedra, de bela moldura na parte superior. Os dous gabinetes do sur están pechados con ladrillo. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira, e penal traseiro de pedra con cinco fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de tella do país. Remates: cruz latina florenzada con cotón central e ángulos en chafrán, sobre base en escocia; e pináculo piramidal remado en bóla achatada, sobre unha gran base cuadrangular. Orientado ao NE.

No 2010, a propietaria non sabe precisar a cronoloxía do hórreo, mais que debe ser antigo. Por tipoloxía tamén parece antigo, de finais do século XIX ou comezos do XX.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO186
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, sería preciso renovar a madeira e a cubrición, así como limpar a pedra. Introduce ladrillos nos gabinetes.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 97)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Reboiras

Hórreo de Tarrío

Hórreo de Manselle

Hórreo de Dodriño