Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Lestrobe - Dodro - Santa María de Dodro

Imaxe: Beatriz Pereiras

No lugar coñecido como O Soutiño, ao lado doutro hórreo (nº 16), ao NW.

Trátase dun pequeno hórreo cunha cimentación en repisa de cachotaría de granito duns 27 centímetros de altura. Os soportes son tres cepas de pedra. O tornarratos é unha pedra transversal  sobre cada cepa. O chan do corpo do hórreo é de ladrillo. Ten dous claros, con balaústres de madeira e dúas cintas. Linteis e columnas de pedra e cornixa de madeira. Penal dianteiro de pedra con porta de madeira e penal traseiro de pedra e madeira. Cubrición con uralita. Non conserva os remates. Orientado ao NE.

No 2010, din os propietarios que andaría polos cen anos.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO149
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: Santa María de Dodro
  • Lugar: Lestrobe
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala, con materiais de construción modernos (uralita e ladrillo), sen remates e coa madeira en mal estado.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 32)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Lestrobe

Hórreo de Vigo

Hórreo de Manselle

Hórreo de Vigo