Hórreo de Manselle

Hórreo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Beatriz Pereiras

Situado no patio pechado privado da casa á que pertence, o número 60, na Aldea de Riba.

A cimentación é unha repisa de cachotes de granito, con excepción do gabinete norte, onde é de ladrillo. Os soportes son catro cepas de pedra. O gabinete do medio está pechado con cemento no lateral leste, estando o lateral oeste pechado con malla metálica, sendo empregado como paxareira. O gabinete do sur está pechado por ambos lados con cemento, sendo empregado como pombal, xa que son visibles no lateral oeste os pequenos buracos cuadrangulares para a entrada das pombas. O tornarratos é unha peza corrida ao longo do corpo do hórreo. Ten tres claros,  con balaústres de madeira e unha ou dúas cintas, con tres portas de madeira no lateral oeste. Os linteis, con fendas de ventilación horizontais, as columnas e a cornixa son de pedra. Ten esquinais tamén de pedra, con oito fendas de ventilación horizontais. Os dous penais son de pedra, con 15 fendas de ventilación horizontais. Sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. A cubrición é de uralita e por riba tella do país. Remates: cruz latina alta cos extremos ensanchados e de sección cuadrangular, con decoración de pequenas boliñas acaroadas, sobre base en escocia; e pináculo piramidal estilizado con molduras semicirculares na parte inferior e remate en bóla ovoide, sobre base cuadrangular. Orientado ao NE-SW.

No 2010, a filla da propietaria conta que dataría de 1908 ou 1909.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-HO192
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Hórreos
  • Cronoloxía: 1908
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Manselle
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Regular, coa incorporación de materias de construción modernos, como o cemento e o ladrillo nos gabinetes. A madeira e a cubrición foron renovados polos propietarios.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 101)

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Hórreo de Bexo

Hórreo de Bustelo

Hórreo de Dodriño

Hórreo de Traxeito