Hórreo de Lestrobe
Imaxe: Beatriz Pereiras
No Barrio de Abaixo, nunha finca pechada, fronte a outros dous hórreos.
Cimentado sobre unha repisa baixa de cachotaría de granito. Os soportes son tres cepas de pedra encintadas con cemento. O tornarratos é unha única plataforma corrida ao longo de todo o corpo do hórreo. Ten dous claros, balaústres de madeira e dúas cintas. Non ten linteis. Columnas e cornixa de pedra, esta última moldurada. Penal frontal de pedra con porta de madeira e penal traseiro tamén de pedra. Ten sobrepenas nos dous pinches, ambos de pedra. Cubrición con uralita e tella do país por riba. Os remates son unha cruz latina cos extremos florenzados e sobre unha base cuadrangular, no penal frontal, e pináculo estilizado no outro extremo. Orientado ao NE.
No 2010, os veciños din que ten moita antigüidade, aínda que non precisaron máis.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO143
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Lestrobe
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Boa, parece restaurado.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 24)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.731655867874 , -8.6683625826065
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.