Hórreo de Vigo
Imaxe: Beatriz Pereiras
Localizado nunha finca privada pertencente ao solar nº 50. Tanto a casa, como a finca como o hórreo están totalmente abandonados. Érguese sobre un muro de peche da finca, ao pé dunha pista asfaltada.
A cimentación é unha repisa alta de cachotaría de granito que serve de peche da finca, duns 2,10 metros de altura. Os soportes son oito pés de pedra de sección cuadrangular, de pouca altura no lateral leste, o que asenta sobre a repisa, aínda que con máis desenrolo no lateral oeste, xa dentro da finca, cun desnivel importante. Dous gabinetes presentan cubículos de ladrillo. Os tornarratos son pedras circulares individuais sobre cada pé (falta un). Todo o corpo do hórreo está feito en madeira, con tres claros, balaústres de madeira e dúas cintas, con porta de madeira no lateral oeste. Apenas conserva algunha tella da cubrición, con tella do país. Non conserva remates. Está practicamente cuberto de vexetación. Orientado ao NE.
No 2010, ningún veciño soubo concretar a antigüidade deste hórreo. A súa feitura en madeira, agás os soportes e a cimentación, indica unha certa antigüidade
- INFORMACIÓN
- Código: DO-HO164
- Outras denominacións:
- Tipoloxía: Hórreos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: Santa María de Dodro
- Lugar: Vigo
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Moi mala, en absoluto estado de abandono e ruína, así como a finca na que se insire. Apenas conserva a madeira e a cubrición practicamente desapareceu. Totalmente cuberto de vexetación.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Decreto 449/1973, de 22 de febrero, por el que se colocan bajo la protección del Estado los «hórreos» o «cabazos» antiguos existentes en Asturias y Galicia
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatriz Pereiras en 2010 (Nº 66)
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.716131215896 , -8.6921784081209
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.