Cruceiro do Naval

Imaxe: Cruceiros de Galicia
Nun cruce de camiños entre o rural e o núcleo de Teaio.
Cruceiro de granito. Mide 3,50 metros de alto por 2,50 de ancho. O baseamento son tres gradas cuadrangulares. O pedestal é cuadrangular rematado en chafráns, con paramentos recadrados. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio, onde é visible un rebaixe en cada paramento de forma cuadrangular rematado en semicírculo, e octogonal no resto. O capitel non presenta capitel; a unión entre o fuste e a cruz realízase mediante un anelo metálico. A cruz é de sección octogonal, con remates florenzados con botón central. No anverso da cruz ten unha Virxe orando sobre peaña dun anxo con ás. No reverso hai unha imaxe erosionada.
Segundo a ficha do Inventario de Patrimonio, tería máis de 100 anos. Parece que neste punto existía antigamente unha capela, a de San Martiño, actualmente desaparecida. O cortexo fúnebre parábase ao pasar para rezar unha oración polo defunto.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-ER010
- Outras denominacións: Cruceiro da Capela
- Tipoloxía: Elementos relixiosos
- Cronoloxía: -
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xoán de Laíño
- Lugar: Teaio
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Mala, reparado con pezas de ferro; falta a figura do Cristo.
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-10)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.716135377113 , -8.7556268410598
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.