Cruceiro de Gradín

Cruceiro de Gradín - Dodro - San Xián de Laíño

Levántase ás aforas do núcleo, entre Eiró e Tarrío, nun rechán ao lado da estrada que leva a Tarrío e a Tallós.

Cruceiro de granito do tipo de crucifixo. Mide 4 metros de alto e 1,60 de ancho. O baseamento é cuadrangular con catro gradas. O pedestal é cuadrangular con paramento recadrados e remata nunha roda con bocel. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e octogonal no resto. Parece que orixinariamente tiña un soporte para candil, o cal xa non conserva. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso, ábaco con lados curvos e vértices chafranados, volutas, cabezas de anxo con ás e vieiras. A cruz é de sección cuadrangular con brazos desproporcionados con chafráns. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara a dereita, coas mans abertas; con coroa de espiñas, pano de pureza anoado á dereita e INRI (pergamiño). A imaxe é moi desproporcionada con respecto ao resto da cruz, correspondendo a outro cruceiro. No reverso da cruz represéntase a Piedade sobre peaña dun querubín.

Ten máis de 100 anos (data de 1761). Párase a rezar diante.

  • INFORMACIÓN
  • Código: DO-ER016
  • Outras denominacións: Cruceiro de Eiró
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: 1761
  • Concello: Dodro
  • Parroquia: San Xián de Laíño
  • Lugar: Tarrío
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    Mala. Restaurado tras o derrubo da cruz de pedra por un ciclón nos anos 30.

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-16)

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010

    Sendeiros de Dodro

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro de Ignacio

Cruceiro do Laranxo

Cruceiro de Trasdopazo

Calvario de San Xián