Calvario de San Xián

Imaxe: Nepomucena Fernández Mariño
Localízase nunha pequena parcela axardinada pública, flanqueada por dúas cruces de formigón. Construído en granito e formigón. A base mide 2,20 metros, o fuste 0,18, a altura total 5,70 e a distancia entre cruces é 2,80.
Baseamento: sobre tres gradas de sección cuadrangular. Pedestal de pedra, de forma troncopiramidal, con placa de mármore na cara ao norte coa seguinte inscrición: “RESTAURADO A DEVOCIÓN DE VALENTÍN LESTIDO GONZÁLEZ SIENDO CURA PÁRROCO D. JOSÉ MONTANG BARROS. AÑO 1963”. O varal é un fuste de sección cadrada en inicio e final octogonal no resto. O capitel é cuadrangular con mediacana, con cabezas de anxo con ás de formigón. Actualmente tan só conserva unha das cabezas de anxo intacta, xa que dúas xa no se conservan e a cuarta está fracturada. Feito en formigón. A cruz é de sección cadrada, de formigón. No anverso da cruz ten un Cristo crucificado con tres cravos, inclinando a cabeza cara a dereita, mans pechadas. Coroa de espiñas, pano de pureza anoado á esquerda, INRI (pergamiño). Feito en formigón. No reverso da cruz hai una Virxe orante, cos dedos das mans entrelazados sobre peaña dun querubín. De formigón.
A basa ten máis de 100 anos. Parece que nos anos trinta do século pasado un ciclón derrubou a súa cruz de pedra. A última reforma data do ano 1963, momento no que o conxunto foi ampliado, coa incorporación das outras dúas cruces de formigón a cada lado do cruceiro xa existente (Cruceiro do Outeiro), e reconstruído, xa que se fixo unha nova cruz de formigón para este cruceiro. Tradicionalmente era punto de parada do Vía Crucis do Xoves e Venres Santos.
- INFORMACIÓN
- Código: DO-ER009
- Outras denominacións: Calvario de Chenlo
- Tipoloxía: Elementos relixiosos
- Cronoloxía: 1963
- Concello: Dodro
- Parroquia: San Xián de Laíño
- Lugar: A Igrexa
- Acceso a pé: Bo
- Galería de imaxes: Acceder
- Conservación:
Boa, aínda que foi restaurado con partes en formigón (a cruz).
- Protección:
Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Dodro (CR-09)
Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)
Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia
Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico
- Referencias:
Traballo de inventariado feito por Beatríz Pereiras en 2010
- XEOLOCALIZACIÓN
- Coordenadas: 42.724849607714 , -8.7124461936868
-
Como chegar desde ...
- ...a Casa do Concello de A Estrada
- ...a Casa do Concello de Catoira
- ...a Casa do Concello de Dodro
- ...a Casa do Concello de Padrón
- ...a Casa do Concello de Pontecesures
- ...a Casa do Concello de Rianxo
- ...a Casa do Concello de Teo
- ...a Casa do Concello de Valga
- ...a Casa do Concello de Vilagarcía de Arousa
-
- COLABORA
-
Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?
ATOPACHES ALGÚN ERRO?
Se atopaches algún na ficha do elemento ou en calquera funcionalidade do sitio non dubides en notificar a incidencia empregando o formulario de contacto do sitio.