Cruceiro do Centro Social de Abalo

Cruceiro do Centro Social de Abalo - Catoira - San Mamede de Abalo

Cruceiro moderno do tipo de crucifixo, que carece de chanzos, presentando como todo alicerce unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas. Varal cilíndrico con vultos que amosa pola parte dianteira a imaxe dunha santa coa palma do martirio na man dereita. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas nas partes centrais e espirais nas esquinas. Cruz cilíndrica, con vultos, con imaxes por ambas caras. Por diante: Cristo exento, baixo un gran cartel de INRI enrolado, de brazos en ángulo, presentando a man dereita cos dedos índice e maior estendidos como para abenzoar e, a esquerda, pechada, nó do pano á súa dereita e pé desde mesmo lado agochando o esquerdo. Por detrás imaxe da Virxe de pé cuberta por un manto e sobre pousadoiro en forma de pirámide invertida.

  • INFORMACIÓN
  • Código: CA-ER001
  • Outras denominacións:
  • Tipoloxía: Elementos relixiosos
  • Cronoloxía: -
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Mamede de Abalo
  • Lugar: A Igrexa
  • Acceso a pé: Bo
  • Galería de imaxes: Acceder
  • Conservación:

    -

  • Protección:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira (E_004) - Aprobación inicial de 2012

    Rexistro de Bens de Interese Cultural (BIC)

    Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia

    Decreto 571/1963, de 14 de marzo, sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico

  • Referencias:

    Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Catoira - Aprobación inicial de 2012

    Fernández de la Cigoña, E. Cruces, cruceiros e petos do concello de Catoira, (Historia dun concello). Asociación galega para a cultura e a ecoloxía-Editorial AGCE, 2008

    Cruceiros de Galicia

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Cruceiro da Xunqueira

Cruceiro da Ermida de San Cibrán

Cruz do Pan

Cruceiro da Estación