Busca

Amosando 817 - 840 de 1065 resultados da busca.

Estrutura pétrea de forma cuadrangular, realizada con pedras de gran tamaño de formas irregulares, no lugar de Punta Rebateira. Era aquí onde paraban os barcos para cargar pedra procedente da canteira que se atopaba nas proximidades (ao norte do porto).

O porto aínda conserva a…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Gravado rupestre localizado na contorna da Torre do Meadelo.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Xacemento catalogado na Punta Grandoiro, lugar a onde chegaba un camiño antigo e críase que os mouros tiraban alí os seus tesouros


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

No lugar do Salgueiral atopábase a Torre de Meadelo, da que na actualidade só se pode ver no terreo unhas fiadas de perpiaño moi enterradas e que posiblemente formarían parte dos alicerces dos seus muros. Esta torre formaría parte das fortificacións das que hoxe se ten constancia que estarían por esta zona da costa para defendela de invasores, entre os que estarían sobre todo os normandos. Estas fortificacións serían a Torre da Lanzada, en Sanxenxo, a…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

A Pedra do Encanto ou Gran Laxe de Meadelo é o nome dunha rocha enchida de petróglifos localizada no Salgueiral. Recollida na historiografía erudita desde principios de século, por autores como Hugo Obermaier ou Fermín Bouza Brey, nunca foi totalmente esquecida. A cantidade de lendas fixadas na memoria oral alusivas a esta pedra, falan da importancia desta pedra, paisaxe mítica do lugar:

Do Monte Lobeira á Pedra do Encanto…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Os Ballotes son uns dos máis coñecidos e estudados petróglifos de Galicia desde comezos do século XX. Ademais, dado o seu pronto descubrimento e o seu interese, é unha das estacións de arte rupestre máis citadas pola bibliografía. Foi repetidamente citado nas sínteses de numerosos autores, e visitado a principios e mediados de século por numerosos investigadores ilustres.

O conxunto de petróglifos dos Ballotes está situado na…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arqueoloxía

Muíño de maquía (un só propietario) situado na ribeira do rego dos Campelos. Ten unha presa e a canle que o fornece de auga posúe unha pontella de paso onde se desviaba a parte da auga de volta ao río. Aínda conserva o rodicio.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) situado na ribeira do rego dos Campelos.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Muíño de herdeiros ou aparceiros (varios propietarios) no lugar da Devesa.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na ribeira do río Louro. Dous eran propiedade dos de Seárez e o outro dos veciños de Barcia.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga

Estaba situada no lugar do Trozo, ao carón da estrada N-550 de Padrón á Ponte, aínda que se descoñece a súa localización exacta na actualidade. Era unha fonte de auga sulfurosa, de cor pálida e cheiro a ovos podres, sendo usada pola veciñanza para curar as doenzas da pel, mais tamén para sulfatar os cultivos. Foi destruída cando se construíu a autoestrada AP-9 nos anos 90 do século XX, botándolle terra por enriba.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro con seis postos para lavar no lugar de Cruces.


Padrón - Santa María de Cruces | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Brión, situado ao carón da estrada DP-3301 desde a que se accede mediante unhas escaleiras.


Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga

Lavadoiro construído en formigón na década nos noventa do século pasado. As pedras de lavar son de cantaría lisa, cun pequeno rebaixe cadrado para deixar o xabón. Accédese a el mediante unhas escaleiras, tamén de formigón, pois foi construído nun nivel inferior para poder aproveitar as augas da fonte.


Rianxo - Santa María de Isorna | Arquitectura da auga

Reloxo de sol localizado no tellado da Casa da Lagarteira de Sestelo.


Rianxo - Santa María de Isorna | Obra civil

No medio dunha gran laxe plana atópase unha cazoleta e un muíño navicular nun lateral. A un lado da laxe existen as marcas de delimitación das parroquias de Dimo e Abalo. Foi localizado por Cristina Conde Escaloni e Francisco Ameixiras Sánchez.

Este petróglifo emprázase a unha distancia menor de 200 metros respecto do aeroxenerador XIII-4 previsto no proxecto “parque eólico segunda ampliación Xiabre”, sen que apareza recollido…


Catoira - San Pedro de Dimo | Arqueoloxía

Trátase do único santuario rupestre con inscrición que se coñece en Galicia. Dúas cazoletas (5 centímetros de ancho e 3 de fondura) situadas simetricamente a ambos lados dunha pía natural na parte superior dun pequeno outeiro rochoso que sobresae uns 2 metros pola parte máis alta, ladeira abaixo. Sitúase á beira dun cortalumes, subindo á dereita, a 40 metros dun promontorio rochoso destacado que hai no medio de dito cortalumes e que se aproveitou…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Nunha gran laxe plana orientada ao suroeste, localízase unha cazoleta alongada duns 15 centímetros de longo por 3 de fondura, desde os extremos da cal parten uns sucos duns 25 centímetros de longo, conformando unha figura atípica que parece lembrar a un ídolo ou ben podería ser o inicio dun muíño navicular inconcluso. Foi localizado por Cristina Conde Escaloni. Toda a ladeira está repleta de laxes e batolitos graníticos con grandes pías e curiosas formas…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Santuario rupestre situado nun enorme batolito granítico no alto dun outeiro accesible pola parte da pista forestal que dá ao norte (a uns 40 metros da mesma) e na parte orientada ao poñente elévase varios metros de altura (de 2 a 6 metros segundo a zona). Destaca visualmente na paisaxe e dominando amplamente a Ría de Arousa e o cume do

Petróglifo localizado por Cristina Conde Escaloni que está dividido en dúas partes. Na parte alta existe unha cazoleta e na parte baixa diferentes gravados: un longo radial do que sae medios círculos e nun lateral varias coviñas.


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Pombal de planta circular no lugar das Rañas.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Obra civil

Pontella levantada sobre o río San Cibrán que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte, así como na súa cepa central e enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A ponte carece de peitoril de seguridade. Destaca a perfecta labra e trabazón da cantaría que conforma a dobre canle rectangular que canaliza o río, así como o seu firme. Quizais pola súa estreiteza, conta con anteparos nos…


Catoira - San Miguel de Catoira | Obra civil

Pontella que permitía o tránsito de vehículos de tracción animal levantada sobre o río Freixeiro que presenta unha estrutura construída en perpiaño granítico de óptima calidade, presente nos eixos estruturais da ponte e no enlousado, conformado a base de grandes bloques de pedra. A pontella carece de peitoril.


Catoira - San Mamede de Abalo | Obra civil