Busca
Fonte e desalgadoiro onde os propietarios do Pazo dos Calotes poñían o bacallau a desalgar. A fonte tiña dúas caras aos lados, hoxe desaparecidas. Tamén existía unha ponte de pedra, actualmente derrubada, para atravesar o rego do Batán e chegar a un merendeiro.
Rianxo - Santa Baia do Araño | Arquitectura da auga
O rego Salgueirón, duns 2.200 metros de lonxitude, nace na Fonte Salgueirón e desemboca no río Ulla, xa no Porto de Cesures. Ao longo do seu percorrido ten asociados elementos que aproveitan as súas augas: o…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Obra civil
O Muíño Didáctico de Campaña emprázase no lugar do Souto, na marxe do río Valga.
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arquitectura da auga
Tamén coñecida como a Pontella do Rechán de Guixar, foi construída para salvar o rego do Treito no camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á parroquia de San Xoán de Laíño.
Antes de construír a…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Obra civil
Afloramentos rochosos á beira do camiño que percorrían os defuntos para ser enterrados na parroquia de Santa Baia do Araño antes de que a aldea de Bustelo pertencera á freguesía de San Xoán de Laíño.
Trátase dunha cadeira de pedra, co seu respaldo e unhas marabillosas vistas aos montes da contorna: o Cerqueiro, o monte do Araño, o Treito... A pedra é branca, destacando…
Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas
Lavadoiro no lugar de Fontenlo, á beira do Camiño Portugués, restaurado no ano 2020.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Presa construída en pedra no leito do río Valga, próxima ao Muíño do Naval.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Presa construída en pedra no leito do río Valga. Detén a auga acumulándoa, para posteriormente desviala cara ao Muíño de Lamas.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Na ribeira leste do río Valga, trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a dúas augas, totalmente derruído.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Hórreo no lugar da Mámoa, moi próximo á fonte e lavadoiro de Suigrexa.
Rianxo - Santa María de Asados | Hórreos
Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.
A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga
Xunto con outro muíño, localízase na ribeira do rego que baixa polo Monte de Beiro até confluír no río Louro. Trátase dun muíño de planta rectangular construído en cachotaría granítica asentada en seco. Presenta tellado a unha auga.