Busca
Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
Atópase no rego de Fontao, que se une ao rego da Pía, para formar o rego de Sinde, que finalmente desemboca no río Ulla.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Insua formada polo río Ula, próxima á Insua da Pomba (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais
Este espazo forma, xunto coas Brañas de Laíño de Dodro, unha das zonas húmidas máis grandes de Galicia, cunha riqueza medioambiental de primeira magnitude, protexida pola Rede Natura 2000 (Sistema Fluvial Ulla-Deza). Teñen unha importante variedade de flora e fauna presentando exemplares en perigo de extinción e endemismos da Península Ibérica como o…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Espazos naturais
Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
A denominación de Campo da Insua ven porque aquí existía unha insua fluvial ao carón da desembocadura do río Sar Vello no río Ulla, ao carón da desaparecida Ponte de Ferro…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Espazos naturais
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.