Busca
Coñecida popularmente como “A de Ramos”, estaba dedicada á fabricación téxtil de lenzos e manteis, estampados, sabas, toallas e roupa da casa en xeral. Foi fundada no ano 1886 polo zamorano Ángel Ramos García. Destacar que o tecido era unha tradición artesanal iniciada en Padrón a finais do século XVIII.
Non se limitaba á comercialización do produto final, senón que…
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura industrial
Bomba de auga no lugar de Porto, na rúa da Fontaíña, onde a auga bombeada procede directamente dun pozo.
A orixe etimolóxica da denominación procede do latín fonte. Trátase dunha fonte pequena, un nacente de auga que brota permanentemente do solo. Nunha época en que non había auga corrente nas casas a existencia destes mananciais próximos era fundamental para a…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar do Barral, separados entres eles por uns metros de distancia, na que auga que chega ao lavadoiro por unha canle escavada no terra.
Rianxo - Santa María de Asados | Arquitectura da auga
Muíño ao carón do Porto de Sobrido, na Enseada do Pico. O rego do Pico fornece de auga a este muíño e a outro localizado a escasos metros, a través dunha levada de pedra ben conservada. …
Rianxo - Santa María de Leiro | Arquitectura da auga
Miradoiro con vistas ao couto salmoneiro de Sinde e á outra beira do río Ulla, xa en territorio da parroquia estradense da Barcala, e ás pesqueiras de Freixeiro e Bumio.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Panorámicas
Hórreo pertencente ao conxunto de edificacións que conforman a Casa de San Xosé.