Busca

Amosando 25 - 29 de 29 resultados da busca.

Desta casa saíron ilustres militares, catedráticos, médicos... Tiñan a casa patrucial na rúa da Conga en Compostela, de modo que aquí só pasaban parte do ano. Enfronte está a casa que era a Taberna da Richalda, onde paraban as carrilanas que baixaban desde O Barbanza e amarraban os cabalos.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Os veciños do lugar de Manselle traballaron durante dous anos na construción dun valo de contención para facer practicable un campo de xogos localizado en terreos comunais que a concentración parcelaria convertera nun vertedoiro de lixo. Manselle era denomonida "A Aldea Rusa" nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcionaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus…


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

Esta é unha das dúas vivendas de planta circular na aldea de Castro, ao carón do Hórreo da Miguensa.

As edificacións máis antigas de Castro: casas redondas, palleiras, alpendres... teñen todas unha pedra de seixo nas súas paredes. A finalidade destas pedras pode ser como…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil

Aldea abandonada no lugar de Bustelo, preto das aldeas de Rialiño, Paizal e Traxeito. Neste punto tan só existen un par de vivendas, un alpendre e un pombal, ademais dun muíño xa máis abaixo, que era o que daba luz eléctrica a este pequeno enclave.


Dodro - San Xián de Laíño | Arquitectura civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arquitectura civil