O valo de Manselle

O valo de Manselle - Dodro - San Xián de Laíño

Imaxe: Sendeiros de Dodro | Concello de Dodro

Os veciños do lugar de Manselle traballaron durante dous anos na construción dun valo de contención para facer practicable un campo de xogos localizado en terreos comunais que a concentración parcelaria convertera nun vertedoiro de lixo. Manselle era denomonida "A Aldea Rusa" nos tempos do alzamento franquista, polas cooperativas leiteiras que funcionaban na mesma, e polas ideas republicanas do seus habitantes. Anxo Angueira dedicoulle aos veciños o seu poemario "O valo de Manselle" de 1996, que comeza así:

 

E fano eles.

E van todos os da aldea, aos sábados, todo o día.

E van mulleres e rapaces.

E eu vino e é un valo que lle randea o aquel.

E fano eles.

E un pon a luz prá formigoneira

e outro a auga prá porla

e outro o tractor pra iren buscar ao monte a pedra,

que é de pedra.

E todos pon as mans e o lombo.

E eu vino e o valo é moito valo, o valo de Manselle.

E fono e colleno e xuntánose coma antes prás restevas

e prás mallas.

E ninguén os mandou nin os acode.

Fano eles.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Escola de Teaio

O valo de Manselle

Finca do Cadaví

Escola de Vigo