Busca

Amosando 25 - 31 de 31 resultados da busca.

Nun rechán dunha bouza da aba do Monte Carboeiro, a uns 200 metros do lugar de Imo, parroquia de San Xoán de Laíño, atópase a estación do Grupo Galaico da Arte Rupestre máis relevante do Baixo Ulla.

Esta grande peneda granítica que sobresae na paisaxe localízase nun monte veciñal en man común, propiedade da…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Asentamento romano-medieval. Probablemente se trate dun castro refortificado na Idade Media. En prospeccións realizadas, localizáronse fragmentos de cerámica de feitura manual. Ten unhas dimensións de 150 metros de norte a sur, e 100 metros de leste a oeste.

Dados os restos que aparecen ciscados, maiormente cachote, podemos adiviñar que habería uns muros, mais o seu estado xeral é bastante malo para poder confirmalo. Sobresaen uns penedos no cume que parecen que…


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Túmulo megalítico que forma unha necrópole con outros tres, localizados a 40 metros ao sueste da Mámoa Nº 1 de Paradegua. Nas súas inmediacións atopáronse un conxunto de microlitos e un pilum romano.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Conxunto de túmulos megalíticos sitos no Monte Picoto, xusto na divisoria entre os concellos de Dodro e Rianxo. Só este túmulo dos que conforman a necrópole, atópase dentro do termo municipal de Dodro.


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

A Pedra Ventureira (do latín vultur, voitre), como di Manuel Lorenzo Baleirón en “Toponimia de Dodro e Laíño. Os nomes na auga”: "é unha enorme mole de granito con forma máis ou menos piramidal duns 4 metros de alto e uns 3 metros na base, situada na contorna do Miradoiro de Lestrobe. Está situada na parte de arriba do…


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía

Camiño Real entre a Paradegua en Rianxo e Imo. O que en Galicia chamamos camiños reais, son as vías principais de comunicación do Antigo Réxime. Algunhas reformáronse como a que vai da Coruña a Tui, pasando por Padrón, aproveitando antigas calzadas romanas e camiños medievais. De todos os xeitos, non existía moito interese por parte dunha poboación que permanecía esencialmente illada no territorio que lle era propio, pagando tributos excesivos en portádegos e portaxes.…


Dodro - San Xoán de Laíño | Arqueoloxía

Pedra que usaban os nenos do lugar como tobogán para tirarse por ela. Ten un pátina lisa case coma un cristal por onde baixaban escorregando os nenos. Cuns tres metros de altura e escasamente medio metro de pátina.


Dodro - Santa María de Dodro | Arqueoloxía