Busca
A capela orixinal era de estilo barroco, planta rectangular e perpiaños de granito. Tiña a fachada con pequena espadana rococó, coa base voada, coroación curvilínea e balaústre no remate. Foi destruída na década dos 90 do século XX.
A Dirección Xeral do Patrimonio Cultural denegou a autorización para a construción da edificación actual, mais a propia administración recoñece "que non se exerceron no seu día as potestades na orde sancionadora que correspondían…
Padrón - Santiago de Padrón | Arquitectura relixiosa
Pequena capela á entrada co Convento de Santo Antonio de Herbón.
Padrón - Santa María de Herbón | Arquitectura relixiosa
No 1965 inaugurouse a capela anterior á actual, pagada polos veciños, e que estaba localizada nun pequeno outeiro preto do campo da festa, ao carón da N-550, e que substituía a outra aínda máis antiga.
A capela do 1965 viuse afectada polo que ían ser as obras de ampliación da N-550 que, finalmente, quedáronse na…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arquitectura relixiosa
A Igrexa de San Xulián de Requeixo é de orixe románica, mandada construír polo Bispo Diego Xelmírez, sobre a antiga Capela de San Xulián en 1908. Rematouse de construír o 1 de outubro do ano 1116. Segundo a carta arqueolóxica editada polo Museo de Pontevedra, no ano 1918 foi localizada nesta capela unha ara dedicada a Xúpiter, outra ofrecida aos Lares e outras dúas ilexibles; todas elas permanecen actualmente no Museo de Pontevedra.
San Xulián de Requeixo é un…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa
A partir do ano 1968, San Xulián de Requeixo, quedou desligado da parroquia de Santa Mariña de Herbón (Padrón) por mandato do Arcebispo de Compostela, Miguel García Cuesta. Até entón o culto víñase celebrando na antiga Capela de San Xulián e na desaparecida Capela de San Lázaro, vinculada ao Lazareto de San Lois. No ano 1875, unha xunta parroquial acordara construír un…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura relixiosa
Capela que se localiza no camiño de subida ao Miradoiro do Galiñeiro, emprazada no interior do Cemiterio de Pontecesures.