Busca

Amosando 73 - 78 de 78 resultados da busca.

Localizado ao carón da Escola da Baiuca, trátase dun cruceiro do tipo de crucifixo sobre tres chanzos de pedra cadradas colocouse un cubo, ben traballado e con gorxa fonda, no que se finca un varal, primeiro cuadrangular e despois octogonal, alto e descendente. Na parte cuadrangular e baixa amosa diversos símbolos da Paixón de Cristo. Así, no lado esquerdo, vemos látego en forma…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, que ten por alicerce un só chanzo e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas, na que se finca unha vara primeiramente cuadrangular, mais despois octogonal descendente. Na parte baixa da vara, e pola banda da esquerda, hai gravada unha escaleira de man de sete chanzos e no mesmo lado, mais xa na sección octogonal, vemos un cáliz de pouco vulto. A vara cóbrese por un capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes…


Catoira - San Miguel de Catoira | Elementos relixiosos

Ten tres chanzos de sustentación e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. A vara é cuadrangular nos tramos inferior e superior e octogonal no resto. Capitel de catro lados curvos con cabeciñas de anxo nas partes centrais e espirais nas esquinas, con gran folla por debaixo. Cruz cilíndrica, con vultos dispostos simetricamente. Amosa polo anverso a figura dun Cristo de tres cravos, baixo carteleira de INRI, cos brazos en ángulo, as mans pechadas, nó á dereita e pé…


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

Sobre plataforma de pedra que nivela o noiro do camiño, deitáronse dous chanzos e unha base cúbica coas arestas superiores rebaixadas que serven de soporte unicamente a unha cruz con figuras que amosa, por unha banda, a imaxe dun Cristo descabezado, de brazos case paralelos ao chan, nó á dereita e pé dereito cubrindo o esquerdo, mentres que por detrás vemos unha Virxe das Angustias de dereitas: fillo coa cabeza á dereita do corpo da Nai e pernas á esquerda.


Catoira - San Mamede de Abalo | Elementos relixiosos

O antigo hotel era unha construción de pedra, situada en medio dun terreo de case dúas hectáreas, no centro do núcleo urbano, a pouco máis de 150 metros do río Ulla e a uns 350 metros do Balneario Laxinias. O hotel é unha fermosa casa de pedra situada no medio de o terreo, goza de boas vistas á ría, ten 20 cuartos, un comedor-galería e unha ampla cociña. O complexo aparece…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil

Localizado a uns 350 metros do Hotel Balneario Catoira, trátase dun modesto edificio de baños de planta baixa, rectangular e cuberta a catro augas, máis en consonancia cun balneario rural que cos grandes balnearios da provincia de Pontevedra. O balneario, inicialmente foi unha construción de madeira con oito cuartos de baño e un salón de espera. Ten oito pilas, catro de…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arquitectura civil