Busca
Castro case desaparecido, sendo case imposible establecer as súas dimensións reais, mais que probablemente garde algunha relación cos xacementos de Agramar e As Cortinallas, en Valga.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Xacemento situado nun pequeno outeiro, desde onde domina todo o val do Ulla. Aínda tratándose dun xacemento moi alterado, o Castro de Cesures (Monte do Castro) aínda se identifica a través da ortofotogrametría histórica e das imaxes do LIDAR. Conta a lenda que había un túnel desde o castro até o río, onde os cabalos ían beber.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Á beira da Ponte de Cesures había un peirao, onde se atoparon pontóns soterrados de madeira petrificados e ben conservados en 1959, xunto a cerámica e moedas romanas, desde as acuñadas en tempos de Tiberio até Constantino III. Na época de dominación romana, Cesures era o porto de Iria Flavia.
A importancia portuaria de Pontecesures foi tal que, xa en…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
O Camiño Portugués a Santiago discorre polos lugares de Condide, Carreiras, Infesta, San Xulián, para finalmente cruzar o río Ulla destino a Compostela.