Busca
No lugar así chamado atópase unha entrada de terra no río Ulla, cun buraco que, ao subir a marea, se enchía facendo un pozo (do latín puteu).
En canto ao segundo elemento do topónimo, uns din Cornelia e outros Cornela; en calquera dos casos a orixe está na voz precéltica carn ou corn, "pedra". Este significado refórzase con outros nomes de lugar á beira do río: Cantiño (do preindoeuropeo cant- "pedra, rocha") ou o propio nome de Peirao (…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura da auga
Edificación vinculada ao Alfolín da Renda do Tabaco, construída na mesma data.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Vivenda na rúa José Novo coa fachada decorada con azulexos e galería realizada en forxa metálica.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Vivenda no lugar de Redondo que ten unha das súas paredes cuberta por cunchas de vieira. Trátase dun recurso tradicional moi vistoso e propio, que consistía en illar o penal máis exposto e propenso a recibir chuvia e humidade con cunchas de vieira.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arquitectura civil
Manancial de auga ao carón do Camiño Portugués.
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura da auga
Fonte no lugar de Cerneira de Abaixo.
Valga - San Salvador de Setecoros | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Vilar.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar de Barro.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Fonte e lavadoiro no lugar da Canle.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
Casa grande no lugar do Forno.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura civil
Virxe co neno en pedra no Souto, antigo torreiro onde se celebraban as festas.
Valga - San Salvador de Setecoros | Elementos relixiosos
Miradoiro natural desde a cima do Monte da Lagoa.
Valga - San Miguel de Valga | Panorámicas
Hórreo tipo Noia de dous claros, construído integramente en pedra de grao, de cámara rectangular sobre cepas de cantaría e pechado con doelas pétreas e cuberta de pedra. Voo na parte inferior da grade como tornarratos. Porta en alzado penal. Decoración con cruz latina sen figuración e pináculo con dobre bola. Situado sobre soleira de nivelación, composta por un muro de cachotaría.…
Catoira - San Miguel de Catoira | Hórreos
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Fonte no lugar de Balleas elaborada a partir de bloques graníticos, coa inscrición “F. Dones”.
Valga - Santa Comba de Cordeiro | Arquitectura da auga
No ano 2008 levouse a cabo unha prospección terrestre e subacuática no lugar das Cortinallas, co obxectivo de localizar os posibles restos da Turris Augusti, monumento ao emperador Augusto, que o autor romano Pomponio Mela situou na zona no século I despois de Cristo. Tamén se pretendía recompilar datos acerca do histórico comercio e navegación fluvial no río Ulla desde a Idade do…
Valga - Santa Cristina de Campaña | Arqueoloxía
Xacemento arqueolóxico no Monte Galiñeiro.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Arqueoloxía
Esta foi a casa, hoxe desaparecida, onde naceu Agustina Carolina del Carmen Otero Iglesias, máis coñecida como Carolina Otero ou A Bela Otero.
O texto que segue a continuación foi extraído de culturagalega.gal, escrito por Encarna Otero Cepeda en 2007.
Agustina Otero Iglesias, Carolina Otero ou A Bela Otero, naceu, segundo ela mesma dixo, un 4 de novembro…
Valga - San Miguel de Valga | Arquitectura civil
Cruceiro no lugar das Eiras, que segundo o propietario a cruz ten uns douscentos anos. Localizado dentro dunha propiedade privada, está no percorrido que fai a procesión dos lacóns o Día da Candeloria.