Busca

Amosando 385 - 408 de 1140 resultados da busca.

Fonte de pedra situada no espazo central do lugar de Paradela. Está composta por un corpo troncopiramidal de cantaría de granito, sobre unha pía rectangular delimitada por tres lousas cun pequeno mesado acaroado nun lateral.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Hórreo de comezos do século XX que forma parte do conxunto do Pazo de Rianxiño. Trátase do hórreo máis longo do mundo (24,70 metros), construído integramente en pedra.

Baseamento de muros de cachotaría e cámara rectangular de grandes dimensións apoiada sobre trece pés de…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Hórreo situado sobre o muro de peche dunha parcela con fronte á rúa Roxelio Pérez, preto do cruce da rúa Fincheira.

Plataforma de muros de cachotaría e cámara rectangular de cantaría de granito con tornarratos perimetral e cornixa superior moldurada. Cuberta a dúas augas de tella e sobrepenas de granito, coroadas por lampións no vértice e pináculos de diferentes formas…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

O Monte do Araño atópase a 250 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - Santa Baia do Araño | Panorámicas

O Cotón atópase a 488 metros de altura sobre o nivel do mar.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Panorámicas

Conxunto de fonte e lavadoiro xunto a un muíño, á beira da estrada principal que leva a Pastoriza. Lavadoiro de planta rectangular cun pequeno tanque acaroado nun dos extremos. Lousas inclinadas en dous dos seus lados e fonte dunha peza de granito nunha esquina, que verte directamente ao lavadoiro.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Outeiro, na marxe do rego do Floxo.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Cuvide.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte e lavadoiro no lugar de Fonte Susán.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Fonte no lugar da Laxe.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de tres muíños na desembocadura do río Lustres.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga

Hórreo nun extremo do patio traseiro da Casa do Coxo, actualmente Museo do Mar, situada ao lado do Cuartel Vello, fronte á Capela da Virxe da Guadalupe…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Hórreo de grandes dimensións situado nunha finca ao sur da Burata.

Está apoiado sobre seis pares de pés de granito de sección cadrada con tornarratos superiores. Cámara rectangular con trabes e piares de granito e entrepanos de madeira, substituídos parcialmente por ladrillo perforado. Penais e sobrepenas de cantaría, e cuberta a dúas augas de fibrocemento sobre…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Hórreos

Hórreo no lugar de Ourolo.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Hórreos

Hórreo no lugar de Corques.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Hórreos

Hórreo no lugar do Pazo, xunto á Cruz do Pazo.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Hórreo no Castiñeiro, xunto á praia do mesmo nome.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Hórreos

Muíño situado á beira dun camiño que discorre paralelo á estrada principal que atravesa Ourolo. Planta rectangular de muros de cachotaría parcialmente enfuscados e cuberta a unha auga de fibrocemento. Fachada principal ao camiño, cunha boca do inferno central baixo unha fiestra de carpintería de aluminio, aberta recentemente.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Muíño situado no lugar de Pastoriza, xunto á fonte e lavadoiro. Construción de planta rectangular resolta con muros de cachotaría de pedra e cuberta a unha auga de tella, actualmente derrubada. Está situado a un nivel superior, con acceso desde o camiño mediante escaleiras de pedra e porta alintelada de madeira na fachada lateral…


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar da Senra.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Conxunto de fonte e lavadoiro no lugar de Ourille.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Lavadoiro no lugar de Iñobre.


Rianxo - San Salvador de Taragoña | Arquitectura da auga

Miradoiro localizado na Punta Fincheira que ofrece unhas fermosas vistas das praias de Quenxo e Tanxil.


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Panorámicas

Fonte de cantaría situada nun lateral do Campo de Arriba, fronte ao acceso principal. Está delimitada por muros de cachotaría e balaustrada na parte posterior. Pía de base octogonal de case 1 metro de altura, e corpo central prismático de catro canos, cos frontes tallados e cornixa superior. Coroa o corpo central un pináculo moldurado con remate…


Rianxo - Santa Comba de Rianxo | Arquitectura da auga