Busca

Amosando 121 - 144 de 324 resultados da busca.

A denominación de Campo da Insua ven porque aquí existía unha insua fluvial ao carón da desembocadura do río Sar Vello no río Ullaao carón da desaparecida Ponte de Ferro…

Espazo natural húmido que se estende pola Tarroeira e Redondo, xusto no límite municipal con Valga, onde a presenza da auga é moi destacada. A existencia da auga ponse de manifesto nos numerosos topónimos do lugar (As Charcas, Regato da Revolta, Regato da Xesteira, Regato do Caramés, Brañas de Abaixo, Regato das Brañas ou Poza de Borjas) e tamén polo paso de regatos (regato das Cubelas) e ríos (río Soutiño).


Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Espazos naturais

Xacemento rupestre sen catalogar, atopado por Adrián Fernández Delgado en outubro de 2022. Combinación de círculos concéntricos duns 40 centímetros de diámetro, bastante desgastados, no Monte Xiabre. Nas laxes adxacentes pódense observar algunhas cazoletas e posiblemente máis gravados, aínda que…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Salto de auga que forma o rego das Lamas, ao pé da estrada que vai de Casal a Sorribas.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Salto de auga situado a uns poucos metros antes da desembocadura do rego de Xoane no río Ulla.


Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais

Cruceiro do tipo de crucifixo que forma parte do conxunto de edificacións que conforman o Pazo do Barco.


Padrón - Santa María de Iria Flavia | Elementos relixiosos

Insua formada polo río Ulla, próxima á Insua de Vilar (Valga) e á Insua de Bexo (Dodro e Rianxo).


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Padrón - Santa María de Iria Flavia | Arqueoloxía

Tal como conta Cristina Conde Escaloni no seu blogue Descubrindo a historia de Catoira, o Alto de Siagoga, monte entre Cordeiro (Valga) e Catoira, foi o lugar onde os catoirenses loitaron contra as tropas francesas de Napoleón Bonaparte nos primeiros meses do ano 1809.…


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Petróglifo procedente dun muro de Dimo, que durante anos estivo gardado nunha nave municipal, nunhas condicións de conservación moi deficientes. No ano 2023, tras unha denuncia pública realizada por Cristina Conde Escaloni, o Concello de Catoira trasladouno ao CACTO (Centro de Activación Cultural Torres de Oeste), onde na actualidade está exposto.


Catoira - Santa Baia de Oeste | Arqueoloxía

Cruz situada a escasos 200 metros da Ponte do Souto, ao carón do antigo Camiño Rural.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Virxe colocada na esquina dunha casa en Vilarello, probablemente procedente dalgún cruceiro da aldea.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Estas marcas, xunto ás do Marco Nº 2 do Outeiro de Agudelo, indican os límites entre os concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa. Foron realizadas nos anos 40 do pasado século polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional co obxectivo de facer de deslindes. Este marco ten unha inscrición que pon "V X C…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Estas marcas, xunto ás do Marco Nº 1 do Outeiro de Agudelo, indican os límites entre os concellos de Catoira e Vilagarcía de Arousa. Foron realizadas nos anos 40 do pasado século polos técnicos do Instituto Xeográfico Nacional co obxectivo de facer de deslindes. Este marco ten unha inscrición que pon "V X C…


Catoira - San Mamede de Abalo | Arqueoloxía

Este cruceiro posúe un baseamento de planta cuadrangular composto por dous chanzos (segundo a información consultada na publicación “Cruces e cruceiros antigos de Vilagarcía de Arousa”, no ano 1986 o baseamento constaba de tres chanzos localizados sobre unha laxe natural) sobre os cales érguese un pedestal cúbico (carente de ornamentación) coas arestas superiores rebaixadas. Nunha destas arestas pódese apreciar unha inscrición que lamentablemente non é…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Elementos relixiosos

Este cruceiro érguese sobre unha grande laxe, na cal se constrúe o baseamento de planta cuadrangular composto por tres chanzos, sobre os cales se levanta un pedestal cuadrangular que ten a metade superior formada dunha nocela con molduras. Nas partes rectangulares do pedestal, consérvase unha inscrición na que se pode ler “AÑO DE 1830 / ES DEvOCIONDE AG / VSTIN I GRABIE / ELA RAMOS HERM [an] / OS”, inscrición que ven indicar que o cruceiro foi mandado…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Elementos relixiosos

Extensión de cantos e pequenas pedras na beira sur do río Ulla. Dependendo do estado da marea, alta ou baixa, a praia é mais ou menos extensa. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Este espazo, onde se ergue o Cruceiro do Salgueiral, é o antigo linde que…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Parte saínte da costa, composta por rochas graníticas, que penetra no río Ulla. Toda esta zona sur do río conta cunha gran riqueza ecolóxica, debido á gran cantidade de especies animais e vexetais que nel se atopan.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Espazos naturais

Túmulo na ladeira sur do Monte Xiabre.


Vilagarcía de Arousa - Santiago de Fóra (O Carril) | Arqueoloxía