Busca
Atópase no rego de Fontao, que se une ao rego da Pía, para formar o rego de Sinde, que finalmente desemboca no río Ulla.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais
Hórreo no lugar de Condide, cunhas dimensión de: 11,25 metros de longo, 1,25 de ancho, 1,70 de altura da cámara e 2,30 de altura do pinche. Unha cruz latina e un turuleco adornan, rematan e protexen as colleitas deste hórreo.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
A denominación de Campo da Insua ven porque aquí existía unha insua fluvial ao carón da desembocadura do río Sar Vello no río Ulla, ao carón da desaparecida Ponte de Ferro…
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Espazos naturais
Hórreo no lugar da Tarroeira, construído en 1918 segundo inscrición existente no lintel.
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Hórreos
Espazo natural húmido que se estende pola Tarroeira e Redondo, xusto no límite municipal con Valga, onde a presenza da auga é moi destacada. A existencia da auga ponse de manifesto nos numerosos topónimos do lugar (As Charcas, Regato da Revolta, Regato da Xesteira, Regato do Caramés, Brañas de Abaixo, Regato das Brañas ou Poza de Borjas) e tamén polo paso de regatos (regato das Cubelas) e ríos (río Soutiño).…
Pontecesures - San Xulián de Requeixo | Espazos naturais
Salto de auga que forma o rego das Lamas, ao pé da estrada que vai de Casal a Sorribas.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais
Salto de auga situado a uns poucos metros antes da desembocadura do rego de Xoane no río Ulla.
Padrón - San Pedro de Carcacía | Espazos naturais
Hórreo xunto ao lavadoiro de Pedreda.
Padrón - Santa María de Iria Flavia | Hórreos
Lagoa formada pola acumulación de auga na parte alto do Monte Meda.
Padrón - Santa María de Herbón | Espazos naturais
Val profundo escavado polo río Ulla ao seu paso polo Lapido. No ano 2018, a Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Lapido restaurou un antigo vertedoiro á beira da estrada que vai de Herbón a Carcacía como miradoiro, desde o que se pode ver o propio canón, parte das pesqueiras do Ulla…