Busca

Amosando 1 - 9 de 9 resultados da busca.

O Monte Pedregueira atópase a uns 119 metros de altura sobre o nivel do mar. Desde o miradoiro (un espazo acondicionado con pasarela de madeira, varandas e un banquiño) aprécianse unhas preciosas vistas da Ría de Arousa, a desembocadura do río Ulla, a Illa de Cortegada ou a parte sur da Serra do Barbanza.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

Trátase dunha construción de estilo barroco galego da segunda metade do século XVIII, máis concretamente do 1769. Debido ao seu grande tamaño e ás funcións que nel se albergaban, a construción foi realizada en varias fases, atendendo ás necesidades de cada momento.

Entre as diversas edificacións e a finca, este espazo ten máis de 3.800 metros cadrados. A propiedade conta cunha casa de dous andares (cada un deles ten unha…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

Esta escola foi pechada pola Xunta de Galicia no ano 2015 ante a “falta de alumnado”, feito este que levou aos pais a mobilizarse ante dito peche.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

Pontella sobre o rego da Amproa.


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

Estrutura pétrea de forma cuadrangular, realizada con pedras de gran tamaño de formas irregulares, no lugar de Punta Rebateira. Era aquí onde paraban os barcos para cargar pedra procedente da canteira que se atopaba nas proximidades (ao norte do porto).

O porto aínda conserva a…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Obra civil

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

Antigamente este edificio foi un colexio-orfanato, no que rapaces de toda España ían a formarse alí para nun futuro poder traballar na Renfe. Actualmente é o Centro Nacional de Formación Marítima de Bamio.

Esta edificación da segunda metade do século XX, máis concretamente dos anos 60, érguese moi preto do mar, o cal lle outorga un gran dominio visual de toda a Ría de Arousa. É un edificio lineal, austero, con modulación ríxida…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil

No Monte Xiabre, a uns 408 metros sobre o nivel do mar, existe un miradoiro que se caracteriza por estar localizado nunha zona rochosa, na cal se ergue unha cruz de pequenas proporcións de ferro. En setembro do presente ano 2022 o Concello de Vilagarcía acondicionou este espazo agregándolle unha pasarela de metal e…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Panorámicas

O Centro Sociocultural de Bamio é a sede do Proxecto Louceiros de Bamio, lugar onde se gardan as mostras da louza recuperada e outros elementos para a interpretación da paisaxe cultural do barro da ría de Arousa e do río Ulla. Trátase dun pequeno núcleo interpretativo sobre a louza de Bamio, xurdido da iniciativa social e do interese das persoas que…


Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio | Arquitectura civil