Escola do Pedroso

Escola do Pedroso - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

Esta escola foi pechada pola Xunta de Galicia no ano 2015 ante a “falta de alumnado”, feito este que levou aos pais a mobilizarse ante dito peche.

As escolas unitarias eran as existentes no rural galego hai varias décadas, mostra da vida propia das parroquias, que entón eran as máis importantes social e administrativamente. As parroquias foron, pouco a pouco, sendo desposadas da súa organización e estrutura, cando os mestres deixaron de vivir na mesma parroquia, os curas escasearon, e as escolas pasaron a ser grupos escolares xeralmente na capitalidade do concello para optimizar os recursos e estruturar a formación dos alumnos.

Mantivéronse determinadas escolas unitarias, ben para educación preescolar, ben porque a entidade do núcleo permitía ou esixía esa individualidade, mais foron desaparecendo pola diminución da matrícula ao reducirse a poboación.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa reitoral de San Xens de Bamio

Proxecto Louceiros de Bamio

Escola do Pedroso

Escola de Vilar