Proxecto Louceiros de Bamio

Proxecto Louceiros de Bamio - Vilagarcía de Arousa - San Xens de Bamio

O Centro Sociocultural de Bamio é a sede do Proxecto Louceiros de Bamio, lugar onde se gardan as mostras da louza recuperada e outros elementos para a interpretación da paisaxe cultural do barro da ría de Arousa e do río Ulla. Trátase dun pequeno núcleo interpretativo sobre a louza de Bamio, xurdido da iniciativa social e do interese das persoas que participan neste proxecto de recuperación da memoria social do barro.

As pezas expostas, achegadas pola veciñanza e colaboradores, van recuperando a súa dignidade colocadas nunha vitrina encargada para esta función, aínda que tamén se meten en canastros diferenciados os anacos chegados dos distintos lugares-fornos e con distintas cronoloxías, coa idea de avanzar co seu estudo. Recibe a visita de colexios, asociacións e familias interesadas polo tema, que percorreron a Ruta do Barro, desde a Praia de Bamio até aquí.

  • COLABORA
  • Queres colaborar no proxecto? Tes algunha imaxe, comentario ou texto que aportar?

    Quero colaborar!

Máis elementos do catálogo


Casa reitoral de San Xens de Bamio

Colexio da Renfe

Escola do Pedroso

Escola de Vilar