Busca

Amosando 49 - 59 de 59 resultados da busca.

Localizado no campo da festa, xunto ao palco da música e a Escola de Xanza. Cruceiro con pousadoiro e baseamento de planta cuadrangular desenrolada en catro chanzos. O pedestal é de feitío cúbico e aparece epigrafiado mediante gravura nos catro lados. Varal monolítico cunha estruturación…


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría. Pedestal cúbico e labra irregular. Cruz latina de sección cuadrangular no arranque. Rebáixanse as arestas para dar lugar a unha sección xenérica oitavada. Posúe os cabos florenzados e ornamentados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, co baseamento de planta cadrada de dous chanzos. Pedestal de feitío cúbico, coas arestas superiores biseladas e a cara frontal epigrafiada. O varal e a cruz foron engadidos recentemente, pois os primixenios foron destruídos por unha treboada e perdidos os restos. Trátase dun varal de arranque de sección cuadrangular que se converte en oitavada por rebaixe das arestas. Capitel de volutas e cruz figurada por ambos lados.


Valga - Santa María de Xanza | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

Trátase dunha cruz de granito asentada sobre unha base de cantaría co pedestal cúbico. Emprazada dentro dos terreos propiedade da INTAVALSA.


Valga - Santa Cristina de Campaña | Elementos relixiosos

Calvario e vía crucis situado no adro da Igrexa de San Miguel de Valga, fronte á porta principal. A cruz central posúe sección cadrada e destaca polos seus relevos da Paixón e o relevo da man de Caifás. As cruces laterais son de sección octogonal.


Valga - San Miguel de Valga | Elementos relixiosos

Cruceiro do tipo de crucifixo, realizado polo propio dono do cruceiro e o seu pai, dedicados á profesión de canteiros. A maioría do cruceiro ten un quince anos, foi realizado aproximadamente entre os anos 2000 e 2003. A figura do Cristo engadiuse con posterioridade, sobre os anos 2011 a 20013.


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Elementos relixiosos

O río Valga, ao que xa se incorporou o caudal do rego do Ferreño, forma un estreito val encaixado en penedos graníticos. Neste punto fórmase un salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 10 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

No punto onde o rego do Ferreño se une co río Valga, fórmase este salto de auga situado entre Parafita e Raxoi, cunha altura de caída da auga duns 6 metros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O río Valga, a canle procedente do Muíño de Carlés e a que fornece ao Muíño de Casadamil, forman unha illa fluvial, na que o bosque de ribeira ponse de manifesto coa presenza de freixos, ameneiros, bidueiros ou salgueiros.


Valga - San Miguel de Valga | Espazos naturais

O Sistema Fluvial Ulla-Deza (Rede Natura 2000) está formado polo río Ulla e as áreas húmidas lindeiras: as Brañas de Laíño e as Veigas de Campaña e Cordeiro. Presenta unha grande variedade de comunidades vexetais adaptadas ao distintos graos de salinidade, como son carrizos,…


Valga - Santa Comba de Cordeiro | Espazos naturais